Monday 06 de May de 2024

O Trail da Cidá regresará o 26 de xaneiro cun 80% do seu percorrido renovado


A cita riveirense abrirá as VI Revolutrion Trail Series

O Trail da Cidá porá comezo o domingo 26 de xaneiro a unha nova edición (a sexta xa) das Revolutrion Trail Series que promove a asociación Arousa Neo. Eduardo Iglesias, no nome desta antidade, e a concelleira de Deportes Juana Brión, explicaron esta mañá os principais detalles dunha proba que cambia o seu percorrido respecto a convocatorias anteriores en máis dun 80%.

O traxecto terá unha lonxitude de 14 kilómetros, cun desnivel de 629 metros. A saída terá lugar ás 11 horas na praza do Concello. Haberá unha meta volante no kilómetro 2,2 e un avituallamiento intermedio no kilómetro 8. Unha das partes máis espectaculares estará conformada por unha subida a Pedra da Ra reinventada por completo.

A modo de prolegómeno, este domingo 19 ás 10 horas haberá unha quedada na praza do Concello dirixida a todos aqueles que queiran probar o percorrido de antemán e divertirse un pouco.

Inscricións
A día de hoxe, hai 64 inscritas a esta proba (o prezo son 10 euros) ás que lle hai que sumar as 93 que decidiron anotarse polo momento na totalidade das Revolutrion Trail Series (45€), o que fan xa máis de 150 os corredores e corredoras participantes. Para a carreira da Cidá as inscricións estarán abertas ata o mércores 22 de xaneiro á medianoite, mentres que para as Trail Series farano o luns 20 de xaneiro ás 9 horas. En ambos casos pódense formalizar na web arousa.com. Aspírase a aproximarse aos 400 corredores do ano pasado.

As seguintes citas integrantes deste circuíto son o Trail de San Isidro (16 de febreiro na Pobra), XtoSín Trail (15 de marzo en Porto do Son), Trail de San Lois (19 de abril en Noia) e Barbanza 42K (10 de maio, con saída de Riveira e traxecto pola serra do Barbanza).